Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay e Zakaria lideran a goleada do Deportivo sobre o Albacete (5-1)

Yeremay e Zakaria lideran a goleada do Deportivo sobre o Albacete (5-1)

O canario e o neerlandés fixeron cadanseu dobrete dun equipo que garantiu a permanencia de xeito matemático

G24.gal 04/05/2025 21:44 Última actualización 04/05/2025 23:21

O Deportivo goleou o Albacete (5-1) nunha noite moi inspirada de Yeremay e de Eddahchouri, que marcaron cadanseu dobrete. 

Nun dos ambientes máis fríos da temporada aos dous equipos custoulle coller o ritmo do partido. Dominaba o Deportivo pero era o Albacete o que aparecía con máis perigo preto da porta de Helton. Pero apareceu Yeremay e todo mudou. O canario inventou unha xogada no 28 que culminou cun gran disparo que entrou pola escadra. Dous minutos máis tarde empataba o Albacete nun centro de Javi Rueda que desviou cara a súa propia porta Jaime. 

No 34 o propio Jaime foi obxecto de penalti e Yeremay marcou cunha pasmosa tranquilidade. Catorce goles leva o centrocampista do Deportivo, unha barbaridade na súa estrea na categoría. Era un toma e daca de tolos o que se viu nos últimos vinte minutos e quedaba unha acción polémica. Marcou Martón pero foille anulado por un fóra de xogo de Lazo que considera o colexiado que interfire na xogada. 

No segundo tempo entrou con acerto o dianteiro neerlandés Zakaria Eddahchouri que con dous goles en quince minutos sentenciou o partido (4-1). Barbero completou a goleada diante dun Albacete ao que lle marcaron dez goles nos dous partidos de Liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos