Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian un veciño de Mos por condución temeraria

Denuncian un veciño de Mos por condución temeraria

Enfróntase a seis meses de retirada do carné e unha multa de 500 euros

G24.gal 29/09/2022 21:25

A Garda Civil de Tráfico denunciou por condución temeraria o condutor dun coche por poñer en risco o resto dos usuarios da vía. 

O vehículo, un BMW azul, dá unha volta completa a toda velocidade e derrapa nunha rotonda situada na estrada nacional 550 no concello de Mos. O vídeo difundido por redes sociais serviulle a Tráfico para localizar o condutor do vehículo.

O home ten 30 anos e é veciño de Mos. Enfróntase a unha sanción de 500 euros e retirada de seis puntos do carné de conducir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade