Denuncian en Navarra o condutor dun autobús por nifrar mentres conducía
O home levaba un autobús de estudantes de volta dunha excursión de fin de curso e foron os propios viaxeiros os que deron aviso

O condutor dun autobús, que regresaba a Pamplona desde Salou cun grupo de estudantes dunha viaxe de fin de curso, foi denunciado por dar positivo en anfetamina, metanfetamina e cánnabis pola Policía Foral, que fora alertada polos mozos ao ver que o chofer nifraba mentres conducía.
Os feitos sucederon este domingo, informa a Policía Foral, que sinala que tras recibir a chamada dos estudantes se mobilizou unha patrulla de Tudela á peaxe de Marcilla (AP15), realizou o narcotest e confirmou a infracción.
O condutor foi denunciando por unha infracción moi grave á Lei de Seguridade Viaria, que se salda con 1.000 euros de multa e detracción de seis puntos. O vehículo quedou inmobilizado ata que se puido facer cargo outro condutor habilitado.