Policías locais percorren en vehículos camuflados a contorna do HULA para poñer freo aos arrombacoches

Só en 2021, os axentes municipais multáronos máis de 60 veces
Sete dos arrombacoches que operan nas inmediacións do HULA foron sancionados pola Policía Local de Lugo. Co fin de sorprendelos realizando este tipo de prácticas, os axentes percorreron os arredores do hospital en vehículos camuflados.
Os infractores foron denunciados por invadir a calzada, co conseguinte perigo para os condutores e para eles mesmos.
Os condutores que aparcan na contorna tamén se queixan dos danos que poden sufrir nos seus vehículos en caso de non darlles cartos aos arrombacoches. Retrovisores rotos ou mesmo o roubo dos pneumáticos son algunhas das consecuencias, incluso para os traballadores do hospital.
Respecto ás sancións, os afectados consideran que as multas non resultan efectivas, xa que os arrombacoches adoitan declararse insolventes.