Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denis Suárez: "O club ten que dicir claramente por que non se conta comigo"

Denis Suárez: "O club ten que dicir claramente por que non se conta comigo"

"É inxusto, ofrecinme a negociar sen intermediarios", asegura o de Salceda de Caselas

Luis Campos dixo que lle ía axudar a atopar unha solución, pero de momento é un máis nos adestramentos

G24.gal 06/07/2022 14:54

Denis Suárez visitou os futbolistas do futuro, os rapaces do seu campus. Está moi tranquilo, agardando unha oferta para marchar, pero ten que ser unha oferta que lle agrade. É un máis nos adestramentos do Celta, aínda que é consciente da súa situación.

Denis considera inxusto o trato que está a ter o Celta con el: "O club ten que dicir claramente por que non se conta comigo. Ofrecinme a negociar sen intermediarios", dixo o de Salceda de Caselas á Televisión de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade