Daniel Bachmann, o nome que resoa para a portería do Deportivo
O gardameta chegaría cedido desde o Watford con opción de compra non obrigatoria

Apenas unha semana despois de que Helton Leite marchara do Dépor cara ao Fortaleza do Brasil, o club herculino parece ter un home para cubrir esa baixa na portaría: Daniel Bachmann, xogador do Watford que chegaría ao conxunto branco e azul con opción de compra non obrigatoria.
Bachmann, de 31 anos e 1,91 metros, é internacional con Austria en todas as categorías e defendeu a portaría do seu país na Eurocopa 2020. Desde o ano 2017 o seu nome está ligado ao Watford, con todo, a súa saída deste club era cuestión de tempo, xa que o austríaco non entrou na convocatoria de pretempada.
O porteiro sumaríase así a Germán Parreño e Eric Puerto para completar o cadro na portaría, unha posición clave nos plans de Antonio Hidalgo.