Dani Giménez estoupa contra os árbitros tras o Coruxo 1-0 Sarriana: "Non teñen sensibilidade, nin fútbol, nin nada"
Dani Giménez estoupa contra os árbitros tras o Coruxo 1-0 Sarriana: "Non teñen sensibilidade, nin fútbol, nin nada"
O partido do Vao decidiuse a prol dos vigueses cun gol de Pinín no 97'
O técnico da Sarriana rematou expulsado e expresouse con dureza tras o partido
O derbi da Segunda Federación disputado no Vao caeu do lado do Coruxo, que acabou levando a vitoria no minuto 97 cun gol de Pinín no minuto 97. O equipo vigués colócase en postos de promoción de ascenso, mentres a Sarriana, que perdeu seis dos últimos sete partidos, está na zona de descenso.
Antes do gol, o xogador da Sarriana Ju foi expulsado nada máis comezar a segunda metade. E tamén viu o cartón vermello Dani Giménez que, tras o partido, expresouse con moita dureza sobre a arbitraxe: "Expulsoume por dicir que é unha p... vergoña ao meu banco, a ver se non podo falar", explicou.
Pero o adestrador non quedou aí: "Non teñen sensibilidade, non teñen fútbol, non teñen nada. Gustaríanme que os gravasen, para ver o ridículo que fan, como falan... Porque a min faloume mal o linier", indicou. "O día que adestren coma nós, calarei. Pero van ao ximnasio, dan voltas ao campo, pero a vista non a miran", protestou.
Para finalizar, falou da recente sanción a Almeyda: "Caéronlle sete partidos. Gustaríame que fose polo civil e gañase, faríame moita graza", rematou.