Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dacal chegou a Galicia para recuperar a mobilidade que perdeu a causa dunha infección

Dacal chegou a Galicia para recuperar a mobilidade que perdeu a causa dunha infección

O dez veces campión de España de xavelina será tratado na unidade de lesionados medulares do CHUAC

Unha infección por dengue case lle custa a vida

G24.gal 14/02/2023 11:18 Última actualización 14/02/2023 11:34

O dez veces campión de España de xavelina xa está en Galicia. Agora Gustavo Dacal inicia unha batalla, e vaino facer rodeado dos seus familiares e dos seus amigos.

Contra as 9 da mañá aparecía Gustavo no aeroporto de Alvedro. Moita xente achegouse a recibilo. A primeira en facelo, súa nai; que tanto sufriu... e que levaba 5 meses sen ver a Gustavo.

Dacal non puido conter a emoción. Está en Galicia tras vivir un pesadelo en México, onde tiña a súa vida de adestrador. Unha infección por dengue case lle custa a vida. Agora o de Ponte Caldelas será tratado na unidade de lesionados medulares do CHUAC para tentar recuperar parte da mobilidade que perdeu a causa da infección.

Antes de trasladarse ata hospital, Gustavo Dacal falou da súa situación:

"Non foi doado. Agora queda un traxecto igual ou máis duro, pero con moitas ganas. Con vontade de recuperarme"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade