Da reivindicación de Denis á pelexa de Aspas polo Trofeo Zarra
Os goles de Raúl de Tomás e Juanmi deixan todo por decidir na loita polo Zarra
Denis marcou contra o Elxe e asegurou que "o celtismo está por riba de calquera persoa"
Hai tempo que o celtismo se puxo de parte de Denis Suárez. E nun xiro poético dos acontecementos foi o de Salceda o que marcou o gol da vitoria do Celta no que semella o seu último partido en Balaídos. Bicou o escudo e dedicoullo á bancada. Horas máis tarde expresouno con palabras. O celtismo está por riba de calquera persoa. Grazas pola temporada. Sempre Celta.
Denis e Iago estaban chamados a sel os protagonistas do peche da temporada en Balaídos. Aspas quería amarrar o seu cuarto Zarra pero o porteiro ilicitano Kiko Casilla gañoulle tódolos man a man que tivo para sentenciar o partido. Na última xornada, contra o Valencia pugnará co bético Juanmi e con Raúl de Tomás polo trofeo de máximo goleador español. E o Celta por alcanzar a novena praza, para sumar méritos e cartos no reparto da liga.
Quizais en Valencia xogue Nolito. Marcha tras seis temporadas, cincuenta goles e polo medio un traspaso ó City moi ventaxoso para o Celta. Non lle comunicaton que non ía renovar ata o final da temporada. E Mouriño, no punto de mira, empeñouse en quitarlle protagonismo na súa despedida. Un xogador que conquistou o celtismo e que o leva no corazón.