Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cumio en Xordania para desescalar a tensión en Cisxordania

Cumio en Xordania para desescalar a tensión en Cisxordania

A Autoridadade Palestina e Israel amósanse dispostas a rebaixar a tensión de cara ao Ramadán

En Xordania hai mediadores dos Estados Unidos e Exipto

Un ataque israelí con once mortos, a chama que prendeu a violencia na zona de novo

Dous colonos xudeus morreron o domingo

G24.gal 27/02/2023 08:09

Representantes de seguridade da Autoridade Palestina e israelís comprométense a unha desescalada no terreo, despois do incremento da violencia en Cisxordania. Nas últimas horas en Hawara houbo ataques efectuados por colonos xudeus en resposta á morte de dous deles tras un tiroteo.

O conflito recruou despois dunha redada militar israelí en Nablús en que morreron once palestinos.

Os negociadores están en Xordania, que organiza unhas conversas de alto nivel para calmar as tensións antes do Ramadán; nelas, están presentes tamén mediadores dos Estados Unidos e de Exipto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade