Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuerpo reunirase cada mes coas comunidades para avaliar as medidas contra os aranceis de Trump

Cuerpo reunirase cada mes coas comunidades para avaliar as medidas contra os aranceis de Trump

O ministro de Economía reuniuse cos conselleiros do ramo para avaliar o impacto dos aranceis e as axudas aprobadas

A conselleira María Jesús Lorenzana pediu para as comunidades a xestión directa dos eventuais aranceis que recade España

G24.gal 10/04/2025 14:53

O ministro de Economía calcula que os novos aranceis afectarán o 80 % dos bens españois que se venden nos Estados Unidos. Ese impacto nas comunidades autónomas é desigual, asimétrico. Non todas exportan coa mesma intensidade, Cataluña e Andalucía son as que máis. No caso de Galicia, representan menos do 3 % das vendas no exterior. Pero unhas e outras están preocupadas polos efectos indirectos que se poden producir, no caso de Galicia, por exemplo, no sector da automoción.

Todos insisten na necesidade de actuar de xeito áxil e dinámico ante unha situación que cambia cada día. Por iso, o ministro e os conselleiros reuniranse mensualmente, e os seus segundos, cada semana. 

"Dende España temos que trasladar esa mensaxe de unidade e de que estamos preparados para reaccionar e incluso aproveitar esta oportunidade para saír máis fortes", asegurou Carlos Cuerpo na conferencia de prensa posterior á reunión.

As comunidades do PP pedíronlle ao Goberno máis medidas que as xa aprobadas. Segundo a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, reclamáronlle que se reparta ás comunidades autónomas "todo ou parte dos aranceis que se recaden polos estados membros, neste caso, por España".

Tamén se falou da polémica polo repartimento das axudas estatais, tras anunciar Junts que un cuarto delas irían para Cataluña. O ministro pediu que  as empresas teñan "a tranquilidade de que aquela que o necesite vai poder acudir ás axudas e non van competir entre elas". Tamén asegurou que se ampliarían os fondos se fose necesario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade