Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cubertas 174 prazas ofertadas por concurso de méritos en hospitais comarcais e en saúde mental

Cubertas 174 prazas ofertadas por concurso de méritos en hospitais comarcais e en saúde mental

No ámbito da saúde mental, súmanse 81 novos especialistas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 23/04/2024 17:36

 A partir deste mércores, 174 novos facultativos vanse incorporar a postos de difícil cobertura a través do sistema de concurso de méritos, que lles permite ter acceso á condición de persoal estatutario fixo sen necesidade de realizar os exames propios dunha oposición, e avaliando principalmente a súa experiencia previa, formación e publicacións.  

O proceso selectivo resolveuse en menos dun ano. 

O seu obxectivo é reforzar a asistencia á poboación nos hospitais comarcais, con 93 profesionais de diversas especialidades.

Estes profesionais incorporaranse aos hospitais de Cee (6 especialistas), Barbanza (10 especialistas), A Mariña (16 especialistas), Monforte de Lemos (20 especialistas), Valdeorras (16 especialistas), Verín (14 especialistas) e O Salnés (11 especialistas).  

No ámbito da saúde mental, súmanse 81 novos especialistas (44 psiquiatras e 37 psicólogos).

Estes profesionais incorporaranse nas sete áreas sanitarias coa seguinte distribución: 16 na área da Coruña e Cee (10 psiquiatras e 6 psicólogos); 8 na de Ferrol (3 psiquiatras e 5 psicólogos); 14 na de Santiago de Compostela e O Barbanza (8 psiquiatras e 6 psicólogos); 10 na área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos (6 psiquiatras e 4 psicólogos); 5 na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (1 psiquiatra e 4 psicólogos); 19 na área de Vigo (11 psiquiatras e 8 psicólogos) e, finalmente, 9 na área de Pontevedra e O Salnés (5 psiquiatras e 4 psicólogos).

Os especialistas nomeados dispoñerán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada, é dicir, ata o 23 de maio.

O Sergas previu un procedemento para que, se algún facultativo non se incorpora, se poida seleccionar novos aspirantes.

Por outra banda, segundo informou a Consellería de Sanidade, o DOG publica este martes a resolución do 15 de abril pola que se declaran as persoas admitidas e as súas puntuacións provisionais para as categorías de médico de urxencias hospitalarias e en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área.  

Neste proceso de estabilización que o Sergas desenvolve por concurso de méritos resultaron admitidas 1.735 persoas a facultativo especialista de área e 186 na categoría de médico de urxencias, que é a que conta cun maior número de aspirantes.

Ademais, 118 participantes foron admitidos na especialidade de medicina interna e 98, en pediatría e as súas áreas específicas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos