Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ribadeo volve poñer en circulación as "panchas" para reactivar o comercio local

Ribadeo volve poñer en circulación as "panchas" para reactivar o comercio local

A moeda dixital incentiva as compras nos establecementos do municipio

G24.gal 05/11/2022 20:34 Última actualización 05/11/2022 21:02

O Concello de Ribadeo volve poñer en circulación a súa moeda dixital para reactivar o comercio local: as panchas. A clientela pode trocar 30 euros por corenta panchas, que teñen un valor equivalente a 40 euros, e gastalas no municipio.

Nesta cuarta edición, colaboran máis dun cento de pequenas empresas e hai establecementos de todo tipo: librerías, tendas de roupa, froiterías, restaurantes... Calquera pode facer o cambio, aínda que proceda doutras localidades. 

Para operar coas panchas só hai que dispor dun teléfono móbil e pódense gastar ata finais de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade