Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal non ve "ansiedade" por non marcar nin gañar

Cristóbal non ve "ansiedade" por non marcar nin gañar

O Rácing afrontará o sábado o seu cuarto partido na Malata

G24.gal 20/09/2024 15:23 Última actualización 20/09/2024 15:34

O Rácing afrontará o sábado o seu cuarto partido en casa. Con todo, se o templo racinguista foi un fortín na pasada campaña, só Oviedo e Mirandés puideron levar a vitoria, esta tempada o Granada xa levou os tres puntos e o Málaga e o Mirandés tamén puntuaron grazas a un empate.

En Segunda División ser fortes en casa é fundamental para amarrar a permanencia ou pensar en algo máis. O sábado chega o Albacete e na sexta xornada de liga, os ferroláns dispoñerán dunha nova oportunidade de lograr a primeira vitoria na liga, que o equipo ferrolán necesita xa con urxencia.

Cristóbal insiste no seu optimismo e asegura que ve o vaso medio cheo. 

"O equipo está cada día máis sólido,  vexo a todo o mundo traballando duro e moi implicado. Non vexo ansiedade en ninguén. Son catro partidos sen marcar pero eu son dos que vexo o vaso medio cheo".

Do seu rival desta xornada, o Albacete, asegura que é un bo equipo:

"Ten nas súas filas a bos xogadores. Perderon os tres últimos encontros que disputaron, pero seguro que como nós sairán a por os tres puntos na Malata".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade