Cargando resultados...
Crime de Alcàsser: reactivan a busca de Antonio Anglés
A Policía Nacional e a Europol iniciarán unha campaña internacional do considerado autor material da violación e asasinato de Miriam, Toñi e Desirée

G24.gal
04/11/2021 19:56
A Policía Nacional e a Europol iniciarán unha campaña internacional de busca de Antonio Anglés, considerado autor material da violación e o asasinato de Miriam, Toñi e Desirée, coñecido como o crime de Alcàsser.
Tras recibir a petición da policía, a xuíza encargada do caso aceptou que se utilice o perfil público de Antonio Anglés para comezar unha campaña divulgativa co fin de localizalo.
Polo crime de Alcàsser, ocorrido en 1992, xa foi condenado a 170 anos de cárcere Miquel Ricart. O caso prescribe en decembro de 2029.