Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet: "Teño un compromiso co presidente e 2 anos de contrato"

Coudet: "Teño un compromiso co presidente e 2 anos de contrato"

G24.gal 30/04/2022 20:46

O Celta viaxa xa cara a Granada, despois de realizar esta tarde o último adestramento antes do partido deste domingo nos Cármenes. E faino con novidades na lista de convocados por Coudet para o partido de maña.

Unha lista á que regresa Gabi Veiga e na Gaizka Campos, porteiro do filial, suplirá a ausencia de Rubén Blanco, que deu positivo en covid.

Unha vitoria no feudo nazarí certificaría a permanencia celeste na máxima categoría malia que Coudet asegura que non pensa máis alá dos 5 partidos que ten por diante o equipo.

Aínda que, iso si, preocúpalle a pretemporada. Na súa comparencia ante os medios esta tarde, o arxentino asegurou que o acontecido perante o Xetafe foi culpa súa e que ten un compromiso con Mourinho e Chaves e 2 anos de contrato en vigor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos