Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet pecha a polémica con Hugo Mallo: "Non houbo ningún desaire"

Coudet pecha a polémica con Hugo Mallo: "Non houbo ningún desaire"

O Chacho Coudet medita realizar varios cambios no seu once

G24.gal 18/10/2022 18:52 Última actualización 18/10/2022 19:31

Antes de falar do partido do Celta en Valladolid, Eduardo Coudet quixo pechar o caso Hugo Mallo:

"Con Hugo teño a mellor relación, é o capitán, non se decataron de que estaba quitando a venda da cabeza. Non hai ningún problema nin houbo un desaire, é algo que pode pasar"

A pesar da boa imaxe ofrecida ante Barcelona e Real Sociedade, Eduardo 'Chacho' Coudet medita realizar varios cambios no seu once. Carles Pérez e Óscar Mingueza, dous dos reforzos estivais, apuntan ao once, do mesmo xeito que o internacional peruano Renato Tapia.

"Imos ver como chegan todos. Mañá imos ter un panorama máis claro. Hoxe estaban todos ben. Analizaremos e veremos a quen lle toca iniciar"

O mediocentro defensivo foi o gran prexudicado da eclosión de Gabri Veiga. Coudet optou ata o de agora por Fran Beltrán como escudeiro do canteirán na medular. A gran dúbida está en se no José Zorrilla sitúa a Tapia con Veiga ou recupera a parella que formou no inicio do curso co peruano e Beltrán. Carles Pérez, que reactivou o ataque do seu equipo ante a Real Sociedade, tamén podería ter outra oportunidade para reivindicarse. É unha aposta persoal de Coudet, pero ao exfutbolista da Roma está a custarlle entrar no once.

O mesmo sucede co defensa Óscar Mingueza. Abandonou o Camp Nou en busca de minutos, pero de momento o seu protagonismo en Vigo foi moi escaso.

Coudet ten identificado o maior problema que está a ter o Celta:

"Fáltanos ser máis certeiros na definición. Confiamos na idea, na forma. Estamos todos convencidos. Mellorar a efectividade"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade