Cargando resultados...
Coudet afronta con optimismo o partido contra o Levante: "Estamos traballando ben como equipo"
"Pedín a Gabri pero non adestra con nós. Os motivos tenos que dar outra persoa", comentou o Chacho
G24.gal
20/02/2022 14:35
O Chacho Coudet afronta con optimismo o partido contra o Levante. "O equipo está traballando ben como equipo e iso reflíctese nas dúas áreas, que é o máis importante".
O Levante ben de gañar ao Atlético e sabe que chega "cun bo ánimo". Coudet entende que o equpo ten marxe de mellora e iso é o que tentará demostrar diante do pechacancelas de Primeira.
Tamén se referiu aos canteiráns e o conflito que mantén polo que certos xogadores non están co primeiro equipo: "Reclamamos a Carlos e Gabri. Carlos está con nós pero Gabri non. E non é a min a quen tedes que preguntar", comentou Coudet.