Costa reúne o Goberno luso para adoptar novas medidas pola covid
Convocada un consello de ministros extraordinario
Portugal continúa no estado de calamidade

O Goberno portugués, liderado polo socialista António Costa, reunirase este martes nun consello de ministros extraordinario para adoptar novas medidas contra a pandemia, tres días antes das festas do Nadal.
Posteriormente Costa anunciará as medidas ao país. A xuntanza chega cando Portugal se atopa inmerso na quinta vaga coa incidencia á alza desde outubro
Segundo o boletín da Dirección Xeral de Saúde de Portugal, a incidencia a 14 días atópase en 558,5 casos por cada 100.000 habitantes.
Outras medidas xa adoptadas en Portugal
Portugal continúa en estado de calamidade, un nivel por debaixo da alerta máxima, con maiores controis fronteirizos, e a obriga de presentar un test negativo para entrar por vía aérea, incluso con certificado de vacinación.
Entre o 2 e o 9 de xaneiro haberá unha "semana de contención" para controlar os contaxios tras as festas do Nadal, con teletraballo obrigatorio, discotecas pechadas e o comezo do curso escolar aprazado ata o día 10, restricións que tamén se poderán ampliar no tempo se fose necesario.