Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortes parciais na A-6 polo avance das obras no túnel de San Pedro en Pedrafita

Cortes parciais na A-6 polo avance das obras no túnel de San Pedro en Pedrafita

O tráfico desviarase a un carril por sentido entre o martes 30 de setembro e o venres 3 de outubro

Os traballos forman parte dun proxecto de modernización con 22,7 millóns de investimento

Imaxe de arquivo do túnel do Cereixal Imaxe de arquivo do túnel do Cereixal
G24.gal 29/09/2025 21:50

O Ministerio de Transportes continúa coas obras de mellora e modernización nos túneles do porto de Pedrafita, entre os quilómetros 407 e 464,5 da autovía A-6, que afectan aos de Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, en Lugo, e aos de Trabadelo, A Escrita e Villafranca, en León.

Nesta semana está previsto o cruzamento de canalizacións pola calzada dereita nas proximidades do túnel de San Pedro, o que obrigará a cortar o tráfico nesa dirección en sentido A Coruña entre os quilómetros 432 e 435. A restrición estará activa desde as 7:00 horas do martes 30 de setembro ata as 13:00 horas do venres 3 de outubro.

O tráfico desvíase polo carril esquerdo

Para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, o tráfico desviarase pola calzada esquerda (sentido Madrid), onde se habilitará un carril para cada sentido da circulación entre os quilómetros 432,1 e 435,3.

As actuacións contan cun orzamento global de 22,7 millóns de euros, con cargo aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos