Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan por segunda vez nunha semana os cables da fibra óptica en Celeiro

Cortan por segunda vez nunha semana os cables da fibra óptica en Celeiro

A confraría de pescadores quedou paralizada debido a esta sabotaxe

Félix Aragunde 03/10/2022 13:40

En menos de sete días, os cables da fibra óptica de Celeiro, en Viveiro, apareceron cortados ata en dúas ocasións. Como resultado, varios usuarios quedaron sen servizo de Internet e sen telefonía fixa.

Foi o caso dun bar da zona da praia ou da confraría de pescadores, onde a actividade se viu afectada por este contratempo. Tanto os traballadores do pósito coma os veciños da contorna amósanse sorprendidos polo acontecido.

Dende a confraría de pescadores de Celeiro, que quedou paralizada por segunda vez nunha semana, non descartan reclamarlle danos e prexuízos á compañía que dá o servizo, que á súa vez lle tería que reclamar a quen cortou os cables.

Así e todo, polo momento non consta denuncia ningunha por esta sabotaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar