Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortada a AG-31 en Celanova polos incendios forestais

Cortada a AG-31 en Celanova polos incendios forestais

O peche esténdese desde o quilómetro 5, en Solveira, ata o quilómetro 10, na Barxiña

Esta é a única vía da provincia de Ourense que permanece afectada polos incendios

G24.gal 20/08/2025 20:14 Última actualización 20/08/2025 20:21

A vaga de incendios que afecta desde hai días á provincia de Ourense obrigou a cortar a autovía AG-31 ao seu paso por Celanova.

Segundo informou a Dirección Xeral de Tráfico, o peche esténdese desde o quilómetro 5, en Solveira, ata o quilómetro 10, na Barxiña, en sentido ascendente.

Na actualidade, esta é a única vía da provincia de Ourense que permanece afectada polos incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade