Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corea do Norte notifica máis de 200.000 casos sospeitos de covid-19 en 24 horas

Corea do Norte notifica máis de 200.000 casos sospeitos de covid-19 en 24 horas

Con estes datos son xa case dous millóns de persoas as contaxiadas e 63 os falecidos por covid–19 desde que se notificou o primeiro caso o xoves pasado

G24.gal 19/05/2022 08:14

Corea do Norte informou de 213.000 novos casos sospeitosos de covid–19 e un morto nas últimas 24 horas no país.

Con estes datos son xa case dous millóns de persoas as contaxiadas e 63 os falecidos por covid–19 desde que se notificou o primeiro caso o xoves pasado.

Do total de contaxiados, que supoñen o 8 % da poboación de Corea do Norte, algo máis de 1.200.000 recuperáronse satisfactoriamente, segundo as autoridades.

A OMS mostrou a súa preocupación pola situación da pandemia en Corea do Norte e pediulle a Pyongyang que comparta toda a información sobre o avance do virus no país asiático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade