Cargando resultados...
Continúan baixando os ingresos en planta (-9), pero aumentan nas UCI (+3)
O Sergas notificou cinco decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas

Jessica Fernández
07/04/2022 10:45
Continúan descendendo os ingresos de persoas con coronavirus en planta (-9), pero aumentan nas UCI (+3). En total, hai 456 e 17 persoas hospitalizadas respectivamente.
Pola súa parte, aumentan os contaxios diarios con respecto ao día anterior e rexístranse 1.077, a pesar de que xa non se contan os casos leves de covid–19.
A repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:
En canto aos casos activos, estes seguen baixando, pero lixeiramente (-117), e xa están nos 11.488.
O Sergas notificou cinco decesos por mor da covid–19 nas últimas 24 horas, que alza a cifra a 3.236 falecementos desde o inicio da pandemia.