Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa o descenso de hospitalizacións por mor da covid en Galicia

Continúa o descenso de hospitalizacións por mor da covid en Galicia

Hai 398 persoas ingresadas en planta e 23 en coidados intensivos

Descende a incidencia acumulada a 14 días en maiores de 60 anos

A área de Pontevedra, con seis doentes crítico,s é a que máis pacientes ten en UCI
G24.gal 04/06/2022 14:44

Todas as áreas sanitarias teñen esta fin de semana pacientes nas unidades de coidados intensivos. Destaca nos datos deste sábado a de Pontevedra, que duplicou a cifra de críticos e ten neste momento 6 pacientes coa covid na UCI.

En planta o descenso de hospitalizados nas dúas últimas semanas é máis notable. Hai un mes a cifra aproximábase aos 700 ingresos, hoxe baixa dos 400, cunha situación similar á que tiñamos a mediados de marzo. 

A incidencia acumulada nos últimos 14 días en maiores de 60 anos tamén segue descendendo en Galicia. Segundo o informe do Ministerio de Sanidade deste venres, a cifra é de 746 casos por cada 100.000 habitantes desta idade. A media do estado está en 617.

A cifra de persoas con infección activa descendeu esta semana dos 9.000, unha baixada que non se rexistrara en todo o ano, pero hai que ter en conta que agora xa non se computan moitos dos casos que se dan fóra da poboación de risco. 

Nas últimas horas faleceron tres persoas contaxiadas, maiores de 75 anos, na área da Coruña e na de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos