Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mackay amárgalle a tarde ao Deportivo (1-1)

Mackay amárgalle a tarde ao Deportivo (1-1)

Jorquera adiantou o Eldense e Bouldini empatou na primeira media hora do partido

O Deportivo tirou 15 lanzamentos de córner

Pediuse un penalti por mans de Marc Mateu no engadido 

G24.gal 19/10/2024 17:47 Última actualización 19/10/2024 18:11

O Deportivo volveu a perder puntos en Riazor. Desta volta concedeu un empate diante do Eldense. Malia que fixo unha boa primeira metade non conseguiu un triunfo moi necesario para saír dos postos de perigo

O partido comezou cun golpe en forma de gol. No primeiro -e único- achegamento do Eldense polos dominios de Helton ameazou Godoy cun remate ao poste e na continuación da xogada Joel Jorquera anotaba o 0-1. Outra vez tocáballe ao Deportivo remar contra corrente. Yeremay obrigou a Mackay a realizar unha gran intervención e no 26 Bouldini, cunha gran cabezada, mandou á rede un centro de Lucas. O cadro galego era superior e perdoaron o segundo Mella, cun remate ao pau, e Lucas Pérez nunha falta directa que marchou rozando o poste. 

Na segunda metade o nivel e a frecuencia das ocasións baixou. Yeremay tivo o gol no 55 pero atopou unha boa intervención do porteiro. E o Eldense puido marcar no 73 cun remate de Ortuño salvado por Helton. Nos últimos dez minutos os dous equipos botáronse ao ataque. Cristian Herrera tivo dúas claras e Pablo Vázquez a piques estivo de marcar nun córner. Tamén houbo unha xogada polémica cunhas posibles mans de Marc Mateu que o árbitro non considerou como penalti. O Eldense gozou da súa nun lanzamento de Nacho Monsalve que saiu rozando o traveseiro. O Deportivo foi ata os quince córners lanzados froito do seu dominio pero non sacou deles nada positivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade