Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conmemoran o quinto aniversario do incendio que devastou os montes de Vigo

Conmemoran o quinto aniversario do incendio que devastou os montes de Vigo

Desapareceran 600 hectáreas de arboredo en oito horas

G24.gal 15/10/2022 14:27 Última actualización 15/10/2022 14:54

Ringleiras de persoas con caldeiros de auga por toda a cidade é a imaxe que queda na cidade de Vigo dos incendios do 15 de outubro do 2017. O lume chegou a ameazar o centro da cidade e castigou os montes en man común que perderon 600 hectáreas de arboredo.

A mancomunidade de Valadares levaba trinta anos traballando para construír un anel verde de cincuenta quilómetros. O seu presidente lembra como tivo que desaloxar algunhas persoas que facían fotos no monte aquela noite e logo fuxir correndo das lapas.

No acto conmemorativo estivo o director xeral de ordenación forestal, que dixo ter man tendida para apoiar a mancomunidade na xestión do monte.

Tamén gabou a xestión dos montes de Vigo, dos que goza moita cidadanía. A representante municipal Uxía Blanco leu un poema de Serrat co que lembrou que sen árbores e sen abellas non haberá mel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade