Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confírmanse os peores prognósticos para un Racing que perde os seus laterais

Confírmanse os peores prognósticos para un Racing que perde os seus laterais

Pumar ten roto o ligamento cruzado anterior e ten moi difícil volver xogar esta temporada

Ferrone tamén pasará polo quirófano e agarda volver xogar no mes de xaneiro

G24.gal 26/10/2022 21:43

Moi malas novas para o Racing de Ferrol. As lesións que sufriron ante o Córdoba os seus dous laterais titulares son de gravidade. Segundo confirmaron os servizos médicos do club, Pumar ten unha rotura do ligamento cruzado anterior e menisco interno, que o fará pasar polo quirófano e perderá seguramente toda a temporada.

Tamén pasará polo quirófano Luca Ferrone, que ten unha rotura do menisco interno, polo que probablemente non volverá pisar o campo ata final de ano. Dous problemas para Cristobal Parralo, que ve minguada a súa defensa. Veremos se o Racing decide ir ao mercado para contratar algún xogador que supla as dúas baixas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade