Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confirmada a condena a Hugo Mallo por abusar sexualmente dunha muller, mascota do Español

Confirmada a condena a Hugo Mallo por abusar sexualmente dunha muller, mascota do Español

Mallo foi condenado a unha sanción económica de 24 meses, que se eleva a uns 7.000 euros

G24.gal 11/12/2024 11:42 Última actualización 11/12/2024 17:54

A Audiencia Provincial de Barcelona desestimou o recurso da defensa de Hugo Mallo por abusar sexualmente da muller disfrazada de periquito. Os maxistrados consideran probados os feitos polos que o excéltico foi condenado a unha sanción económica de 24 meses, que se eleva a uns 7.000 euros, ademais de ter que afrontar as custas procesuais propias e da vítima.

A Sección Oitava da Audiencia Provincial de Barcelona desestimou o recurso de apelación interposto pola defensa de Hugo Mallo, que foi condenado en setembro no Xulgado do Penal número 19 da Cidade Condal, por un delito de abusos sexuais.

O tribunal, composto por seis xuízas e xuíces, confirma integramente e por unanimidade a sentenza.

"Alcanzouse plena convicción de que os feitos sucederon tal e como os relatou a vítima”, explica tallante a resolución.

Os feitos tiveron lugar o 24 de abril de 2019, cando nos prolegómenos do partido entre o Español e o Celta de Vigo, no RCDE Stadium, no habitual saúdo entre xogadores.

Mallo como capitán do conxunto celeste, alcanzou en primeiro lugar o posto no que estaba Carme Coma, quen traballaba como mascota feminina do Español, a periquita.

O capitán do Celta tocoulle os peitos sen mediar consentimento algún, tal e como a propia vítima asegurou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade