Confinados na estación de Manzaneda nenos e monitores dun campamento
O 112 Galicia pide ás familias que non tenten acceder ao complexo esta noite, xa que poderían correr riscos e entorpecer o labor dos servizos de emerxencias

Os nenos e monitores dun campamento foron confinados na estación de montaña de Manzaneda, en Ourense, onde pasarán a noite.
Así o informou o 112 Galicia, que explica que os menores, os monitores e o resto do persoal pernoitarán no complexo por precaución.
Emerxencias asegura que un importante dispositivo está despregado para garantir a súa seguridade en todo momento.
O 112 Galicia pide transmite ás familias unha mensaxe de tranquilidade e pídelles que non tenten acceder ao complexo esta noite xa que poderían correr riscos e entorpecer o labor dos servizos de emerxencias.
A partir do mércores daranlles indicacións para que os pais que o desexen poidan proceder a recoller os menores.