Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confianza absoluta de Claudio Giráldez: "Coa nosa mellor versión imos gañar o partido"

Confianza absoluta de Claudio Giráldez: "Coa nosa mellor versión imos gañar o partido"

O Celta recibe o Vilarreal nun partido fundamental para certificar a continuidade en Primeira

G24.gal 04/05/2024 14:59

Balaídos ten que ser un fortín. Esa é a idea dun Celta que ven de ofrecer unha mala imaxe en Mendizorrotza, pero que nesta xornada vai contar coa súa afección ante un difícil Vilarreal. Será este domingo ás catro e cuarto da tarde.

O equipo vigués desenvolveu o sábado pola mañá a última sesión de adestramento antes dun encontro que ben podería supoñer aumentar a renda sobre o descenso, xa que o Cádiz, que está a cinco puntos, xoga nun dos partidos adiantados á xornada do sábado no Bernabeu. Renato Tapia, con problemas físicos, non entrou na convocatoria de Claudio Giráldez. 

"O noso nivel non é tan baixo como amosamos o outro día en Vitoria. Temos que ser máis estables".

"Para min a cabeza é o primeiro. A parte emocional ten que ser o motor que te leve ao táctico, técnico e físico".

"É bo ter de volta a Larsen. O último partido non demos a nosa mellor versión e temos que recuperar as sensacións. Se o facemos, imos gañar o partido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos