Publicador de contidos

Publicador de contidos

Confesa o crime o home detido pola morte de Cristina Cabo en Lugo

Confesa o crime o home detido pola morte de Cristina Cabo en Lugo

Fontes xudiciais confirman que o detido confesou o crime onte, en presenza da súa avogada, na Comisaría Provincial de Lugo

Pasou esta mañá á disposición xudicial e acolleuse ao seu dereito a non declarar

É un home de nacionalidade colombiana de 32 anos que levaba só dous meses residindo en Lugo con permiso de turista

G24.gal 01/12/2022 10:01 Última actualización 01/12/2022 15:33

O único sospeitoso do asasinato de Cristina Cabo Buján, que pasou á primeira hora da mañá deste mércores á disposición do Xulgado de Instrución Número 1 da capital lucense a cargo da investigación do crime, acolleuse en sede xudicial ao seu dereito a non prestar declaración.

Ante o xuíz, o home, de nacionalidade colombiana e 32 anos, que levaba só dous meses residindo en Lugo, remitiuse á declaración que efectuou na véspera na Comisaría Provincial, en presenza do seu avogado, e dixo que non ía dicir nada máis sobre os feitos polos que está a ser investigado, segundo confirmaron a EFE fontes xurídicas.

A propia subdelegada do Goberno en Lugo Isabel Rodríguez confirmou este mediodía que o sospeitoso confesara o crime en sede policial.

Saíu ás nove desta mañá da Comisaría Provincial de Lugo, onde permanecía detido, para pasar ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 da capital lucense, que se fixo cargo da investigación do crime.

O sospeitoso, un home de nacionalidade colombiana de 32 anos que levaba só dous meses residindo en Lugo, confesou o crime onte, en presenza da súa avogada, na Comisaría Provincial de Lugo, segundo informan fontes xudiciais próximas.

O home foi detido o martes pola mañá por axentes da Policía Nacional.  Finalmente foi onte, ao redor das sete da tarde, cando se decidiu a declarar e confesou o crime ante os investigadores.

Fontes próximas ao caso confirmaron que o sospeitoso recoñeceu que coñecera a vítima a mesma madrugada dos feitos nun local de lecer nocturno da cidade. Ambos falaron e, finalmente, acompañouna ata a súa casa e subiu ao domicilio de Cristina Cabo.

Segundo a versión do detido, pediulle un diñeiro que supostamente ela lle prometera, pero ela negouse a darllo, foi á cociña, colleu un coitelo e ameazouno ata botalo da casa.

O detido relatou que nun momento dado, el conseguiu arrebatarllo e comezou a atacala con el. O cadáver da vítima presentaba, segundo indicaron fontes da investigación, máis de corenta e catro feridas, a maioría provocadas por arma branca.

O acusado presta declaración esta mañá en sede xudicial e, posteriormente, será a autoridade xudicial a que decidirá se se realiza ou non unha reconstrución do crime na vivenda de Cristina Cabo Buján.

A Plataforma Feminista de Lugo, da que a vítima, de 42 anos, era membro activo, convocou para esta noite, a partir das 20:00 horas, unha concentración de repulsa ante o Concello de Lugo. A esta concentración sumáronse asociacións doutras cidades  galegas, nas que tamén haberá concentracións á mesma hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade