Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Sergas informará a cada paciente do custo da atención sanitaria que recibe

O Sergas informará a cada paciente do custo da atención sanitaria que recibe

Cada usuario da aplicación Sergas Móbil poderá consultar nunha primeira fase o custo real das consultas, probas, análises ou dos medicamentos que lle receitan

Na segunda fase implantarase a información sobre hospitalizacións ou traslados

G24.gal 14/09/2026 10:37 Última actualización 14/09/2026 15:15

O Consello da Xunta aprobou este luns incoporar informacion económica sobre a atención aos pacientes na sanidade pública.

Segundo destacou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras finalizar a xuntanza do Executivo galego, a medida busca avanzar na "transparencia respecto ao gasto sanitario".

Deste xeito, os usuarios da aplicación Sergas Móbil, que na actualidade son 2,3 millóns, poderán consultar canto custan os servizos dos que son beneficiarios.

Nunha primeira fase, xa inmediata, poderase coñecer o custo real das consultas, as probas, as análises ou os medicamentos que se lles receitaron.

Xa máis adiante, nunha segunda fase que se prevé completar nuns meses, a información incluirá tamén o custo doutro tipo de tratamentos, como os ingresos hospitalarios, o dos servizos de transporte en ambulancia ou de hospitalización a domicilio.

 O usuario, tras acceder ao seu perfil privado na aplicación Sergas móbil, deberá apertar na icona do Portal do paciente E-Saúde, para a continuación, apertar no epígrafe 'Valoración económica da miña atención sanitaria'.

Catro grandes grupos

Neste espazo, a cidadanía galega poderá visualizar a súa información económico-sanitaria, que se presentará desagregada en catro grandes grupos, segundo o servizo a que pertenza a asistencia prestada.

En concreto, a poboación poderá atopar información detallada sobre o valor da súa actividade nos servizos de atención primaria galegos, como é o caso das consultas médicas, de enfermería, das extraccións de sangue ou doutros servizos asistenciais recibidos no centro de saúde.

Así mesmo, terá a opción de consultar o importe dos actos sanitarios rexistrados en atención especializada, talles como consultas, probas diagnósticas, tratamentos e outros procedementos ambulatorios.

En terceiro lugar, a nova funcionalidade que se incorpora a Sergas móbil abordará o valor da asistencia recibida nos servizos de urxencias hospitalarias e nos puntos de atención continuada (PAC).

Para rematar, tamén haberá unha epígrafe co detalle dos medicamentos e produtos dispensados nas oficinas de farmacia galegas, presentando os seus prezos de venda ao público, a achega realizada polo paciente ou o custo asumido polo Sergas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade