Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade e autonomías avalan a dose de reforzo para maiores de 50 anos e inmunizados con AstraZeneca

Sanidade e autonomías avalan a dose de reforzo para maiores de 50 anos e inmunizados con AstraZeneca

A decisión final vaina tomar mañá a Comisión de Saúde Pública

Darias chamou á acción conxunta para a inoculación da dose de reforzo

G24.gal 15/12/2021 17:50

Os expertos do relatorio de vacinas recomendaron este mércores ampliar as doses de reforzo aos maiores de 50 anos e aos vacinados con AstraZeneca, na súa maioría traballadores esenciais de menos de 55 anos. A proposta aínda debe avaliala mañá a Comisión de Saúde Pública.

Así o anunciou a ministra de Sanidade Carolina Darias na conferencia de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, en que fixo un chamamento ás comunidades autónomas para a "acción conxunta" e a dar unha "mensaxe unívoca" de que "debe seguir vacinándose todo o país".

Os expertos do relatorio estudaron ampliar a poboación que recibirá un recordo contra a covid–19 despois de que a Xunta de Galicia empezase a citar esta semana ás persoas de 50 a 59 anos sen que a terceira dose fose aínda aprobada pola Comisión de Saúde Pública.

E fixeron unha dobre proposta: dar a terceira dose aos maiores de 50 e aos vacinados no seu día con AstraZeneca, que na súa maioría foron traballadores esenciais de menos de 55 anos.

Mañá será cando os directores xerais do Ministerio e as comunidades autónomas estuden esta proposta, que, lembran fontes de Sanidade, pode ser ratificada ou modificada.

Con todo, Darias insistiu en que a prioridade é acabar de dar as doses de reforzo aos maiores de 60 antes do Nadal e vacinar aqueles que aínda non foron vacinados.

Minuto a minuto

19:42

Comeza a conferencia de prensa tras a Interterritorial de Sanidade

19:44

Darias asegura que os grupos de idade con maior incidencia son os menores de 11 anos e o grupo de 40 a 49 anos, que poderían coincidir cos pais destes nenos contaxiados

19:45

A ministra afirma que hai secuenciados 40 casos da variante ómicron

19:47

A ministra Darias reitera que a cobertura de vacinación ten que ir acompañada da cultura do coidado para frear a expansión do virus

19:53

Carolina Darias informa da aprobación do Plan de Acción da Atención Primaria, unha reforma que dá á atención primaria "o sitio que merece"

19:55

O relatorio de vacinas elevará mañá á Comisión de Saúde Pública a inoculación da terceira dose ata os 50 anos e abrir tamén aos vacinados con AstraZeneca

19:58

A ministra de Sanidade asegura que non se valorou na Interterritorial de hoxe unha ampliación das restricións de cara ás festas do Nadal

20:08

Darias di que todas as comunidades deben seguir unha unidade de acción conxunta debido á decisión de Galicia de inocular a terceira dose no grupo de 50 a 59 anos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar