Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba a suba das pensións un 2,5 % para 2022

O Goberno aproba a suba das pensións un 2,5 % para 2022

A voceira do Goberno confirma unha partida de 6.500 millóns de euros para afrontar a suba das pensións en 2021

A partir deste ano revalorizaranse de acordo co IPC

Os pensionistas consideran insuficiente a revalorización das pensións

Conferencia de prensa tras o Consello de Ministros (EFE/ Fernando Alvarado)
G24.gal 25/01/2022 07:40

O Consello de Ministros aprobou este martes o real decreto con que revaloriza as pensións para 2022 cunha suba do 2,5 %. En termos xerais, esta suba é do 3 % para as pensións mínimas e non contributivas.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, o ministro de Inclusión José Luis Escrivá explicou que tamén aprobaron o pagamento aos pensionistas dunha paga compensatoria pola menor suba das pensións en 2021 (0,9 %) respecto da inflación media anual, que foi do 2,5 %. 

Escrivá explicou que para unha pensión media, a denominada "paguiña", o 1,6 % ascenderá a 250 euros, que sumados aos 400 euros da revalorización aplicada xa en xaneiro, supoñen un incremento de 651 euros con respecto a 2021. 

A voceira do Goberno confirmou unha partida de 6.500 millóns de euros para afrontar a suba das pensións en 2021 e mais a paga compensatoria que se aboa este ano, que será a última vez que se pague pois de agora en adiante xa se revalorizará automaticamente coa inflación. 

O novo mecanismo establecido na reforma das pensións estipula que o 1 de xaneiro de cada ano as pensións se incrementarán de acordo coa inflación media anual rexistrada no ano anterior, mentres que se conxelarán no caso de que se rexistre un índice de prezos de consumo (IPC) negativo.

Para Escrivá, coa reforma das pensións posta en marcha, o país pasa "dun marco que pon o acento nos recortes a outro que garanta o poder adquisitivo", e dáse así "a certeza absoluta aos 11,5 millóns de pensionistas que saben que as súas pensións se revalorizarán coa media da inflación en novembro".

Con esta suba, a pensión mínima de xubilación estará nos 10.103,80 euros anuais no caso unifamiliar e chegará a 12.467 euros no caso de cónxuxe a cargo. A pensión de xubilación máxima chegará aos 39.468,66 euros anuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos