Conducir con abrigo pode ser sancionable se resta mobilidade
Conducir con abrigo pode ser sancionable se resta mobilidade
Ao volante é aconsellable non levar moita roupa de abrigo
Resta mobilidade e pode provocar condutas perigosas que poden ser motivo de sanción
Conducir con abrigo resulta moi incómodo.
"É incómodo conducir cunha peza moi grande e voluminosa".
"Sempre saco o abrigo ao entrar e prefiro estar máis cómodo para conducir sen el".
"Se hai calefacción, hai calefacción, pero se non hai calefacción, haberá que poñer unha chaqueta ou un abrigo", contan algúns condutores.
Pois moito ollo co tipo de abrigo, porque pode reducir a mobilidade ao volante e pode ser motivo de sanción. Non se trata dun cambio de normas, levan anos implantadas, pero á DXT gústalle lembralas de cando en vez.
"O que nos vai restar é mobilidade e pode facer que cometamos algunha infracción por non sinalizar, por non facer un bo cambio ou incluso a visión, porque nos tapa o pescozo, e entón isto é o que está prohibido, se cometemos unha infracción deste tipo, é o que nós perseguimos, condutas de risco e non as vestimentas", explica Héctor Teixeira, garda civil
Especiamente perigosas poden resultar no caso dos nenos.
"Van producir un efecto tubo ao non levar o cinto atravesado, senón que vai posto tipo arnés, para que poida saír despedido no caso de accidente", advirte o garda civil
Tamén nos lembran que o claxon non se debe usar de forma arbitraria, só nos supostos nos que haxa un perigo e que estas condutas poden derivar nunha sanción económica.
"A cuestión é que poden provocar un accidente e logo a cuestión económica vai dende os 80 euros no caso de infracción leve a incluso pode chegar a 500 euros e a perda de 6 puntos se a infracción que provoca esa perda de mobilidade pode ser considerada como unha neglixencia ou unha temeridade"