Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conducían cun bebé no colo e con xente sentada nas xanelas do coche

Conducían cun bebé no colo e con xente sentada nas xanelas do coche

A Garda Civil investiga dúas persoas por condución temeraria 

Os feitos sucederon en Salamanca durante as festas de Garcibuey

G24.gal 02/10/2022 20:04 Última actualización 02/10/2022 22:06

Celebraban as festas da localidade salmantina de Garcibuey e, nunha caravana de coches, acompañaban un camión que ía buscar un touro para lidar. Colgaron os vídeos nas redes sociais e a Garda Civil axiña deu con eles.

A mesma persoa que fixo unha das gravacións levaba medio corpo de fóra da ventá do copiloto, mentres o condutor ía cun neno no colo, sen cinto e cunha nena ao seu lado.

As infraccións de tráfico cometidas foron múltiples: un coche transportaba varias persoas no maleteiro aberto e outro vehículo adiantou nunha curva de visibilidade reducida. Por todo isto,  abriron unha investigación e formularon varias denuncias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade