Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan un cabo da Armada por abuso sexual a unha compañeira en Tui

Condenan un cabo da Armada por abuso sexual a unha compañeira en Tui

O acusado recoñeceu que tratara de bicar en varias ocasións outra militar que estaba de garda nas instalacións da Comandancia Naval 

G24.gal 08/09/2023 13:28

Un tribunal militar condenou un cabo primeiro da Armada por un delito de abuso sexual cometido contra unha compañeira. Os feitos ocorreron na comandancia naval de Tui en novembro de 2021.

A agredida estaba de garda esa noite, o cabo primeiro tamén, pero non tiña que permanecer nas instalacións. Aínda así, sobre as dúas da mañá apareceu na Comandancia Naval do Miño, e, segundo o Tribunal militar, o home, que estaba borracho, chamou a unha zona afastada, sen cámaras de vixilancia, unha cabo á que tratou de bicar en varias ocasións. Ela logrou afastalo.

El recoñeceu os feitos. Iso valeulle unha atenuante na condena, que será de seis meses de prisión, un ano coa prohibición de achegarse á vítima e de comunicarse con ela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade