Cargando resultados...
Condena récord: dezaoito anos de cadea polo asalto ao Capitolio
O líder dos Oath Keepers é o acusado polo asalto ao Capitolio coa maior pena
Foi condenado a 18 anos de cadea por sedición e o xuíz aplicoulle penas agravadas de terrorismo
G24.gal
26/05/2023 09:33
Última actualización 26/05/2023 09:55
Nos Estados Unidos impúxose unha pena récord polo asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro de 2021. O líder dunha milicia de extrema dereita foi condenado a 18 anos de cadea por sedición.
O xuíz aplicoulle penas agravadas de terrorismo. Durante a vista, o acusado autodefiniuse como preso político, unha declaración á que respondeu duramente o xuíz, que lle dixo que el é unha ameaza para o país e para a democracia.