Concentracións en toda Galicia en repulsa polo crime de Baiona
A policía científica rastrexou a casa da vítima na procura de pistas e da arma homicida
O suposto autor do crime está en dependencias policiais a espera de pasar a disposición xudicial
Numerosos concellos galegos están a acoller este martes concentracións en sinal de repulsa polo crime machista desta fin de semana en Baiona. Mentres, a Policía Científica volveu rexistrar o escenario en busca de probas, e presunto homicida permanece detido en Pontevedra.
Durante toda a mañá a Garda Civil rastrexou a casa da vítima en Baiona na procura de máis probas e da arma do crime, que aínda non apareceu.
Por toda Galicia multiplícanse as condenas ao primeiro crime de violencia machista na nosa comunidade. Na sede da Delegación do Goberno na Coruña e en Nigrán, concello veciño do da falecida, onde se gardou un minuto de silencio na súa honra. O suposto autor do crime foi profesor de matemáticas no Instituto da localidade.
No Val Miñor hai incredulidade e indignación polo sucedido. Consternación especialmente entre os veciños da falecida no barrio de Percibilleira, que hoxe espertaba especialmente triste. Minuto de silencio tamén no concello veciño de Gondomar, e na memoria de todos Soledad Rey, que morreu hai case dous anos aquí a mans do seu marido.