Publicador de contidos
Publicador de contidos

Con sufrimento e unha dupla de Quiles o Deportivo volveu gañar

Con sufrimento e unha dupla de Quiles o Deportivo volveu gañar

G24.gal 19/03/2022 20:59

Alberto Quiles amosaba o seu nome, o seu dorsal, tras a acción do definitivo 2-1. O seu regreso á titularidade, un mes despois, foi fundamental para que o Deportivo asegurase un triunfo imprescindible. El marcara o último gol dos coruñeses hai case un mes contra o Calahorra.

Tivo que paracer de novo, nesta ocasión por partida dobre. Primeiro recollendo un rexeitamento e definindo con tranquilidade. Mentres os deportivistas celebraban o gol, Borja Jiménez chama á conversa a Adrián Lapeña. O central non estivo expeditivo, xa no segundo tempo, na acción do empate. Fallou diante de Nahuel que serviu o gol para que Obolski marcase a pracer.

A inquedanza chegaba a Riazor, pero durou ben pouco. Tan só catro minutos despois do gol, William de Camargo exhibe a súa velocidade e só pode ser parado polo empurrón co antebrazo de Fran cruz. Foi ademais o segundo cartón para o defensor. Quiles non perdoou desde os 11 metros para facer o décimo segundo gol en liga.

As inseguridades do Deportivo non lle permitiron pechar o partido malia a superioridade numérica e padeceu ata o asubío final. A día de hoxe, o deportivo non dá para máis.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade