Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compromís apoia a Oltra e anímaa a seguir, mentres Ximo Puig pide calma

Compromís apoia a Oltra e anímaa a seguir, mentres Ximo Puig pide calma

A vicepresidenta valenciana advirte: "O Botánic sen Compromís é García Page"

O PP pídelle á coalición de Oltra que aclare se o seu código ético segue en vigor

Mónica Oltra no acto celebrado en Valencia. EFE/ Juan Carlos Cárdenas
G24.gal 18/06/2022 14:40 Última actualización 18/06/2022 20:18

Mónica Oltra participou este sábado nun acto de precampaña electoral que xa estaba previsto antes de coñecer a súa imputación polo presunto encubrimento dos abusos sexuais do seu exmarido a unha menor tutelada.

A vicepresidenta do goberno valenciano comezou pedíndolle á súa familia, entra bágoas, que vaia coa cabeza alta para finalizar lanzando unha advertencia sobre a coalición de goberno cos socialistas que saíu do chamado pacto do Botánico.

"O Botánic non é Botánic se non está Compromis, dito doutra maneira, o Botánic sen Compromís é García Page"

Compromís, que este sábado celebrou unha reunión extraordinaria, mostrou o seu apoio a Mónica Oltra. A través dun comunicado acusou a ultradereita de estar detrás deste asunto, pediu respecto á presunción de inocencia e animou a vicepresidenta a seguir adiante.

O alcade de Valencia, Joan Ribó, asegura que Oltra é imprescindible e o voceiro no Congreso, Joan Baldoví, pon a man no lume por ela. "Se nos tocan a un, tócannos a todos", afirma.

Mentres, o presidente da Generalitat non cre que o goberno de coalición estea en perigo e pide calma.

"É evidente que agora hai un novo fito desde o punto de vista xurídico e agora é tempo de reflexión. Os tempos xurídicos e os tempos políticos non coinciden e agora hai que reflexionar e tomar decisións", reclama Ximo Puig.

"Sempre hai que reflexionar", responde Oltra.

O Partido Popular da Comunidade Valenciana cre que o presidente da Generalitat é o principal responsable e é quen debe reflexionar e tomar decisións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade