Publicador de contidos

Publicador de contidos

Compostela entrégase a arte en directo

Compostela entrégase a arte en directo

O colectivo de artistas Lucet organiza unha xornada de pintura en directo para achegarse ao público

A actividade forma parte da exposición "A alma de Compostela: un percorrido en acuarela e fotografía" 

G24.gal 14/06/2026 15:13

Propugna a teoría dos mundos posibles que a obra artística non só recolle a realidade, senón que erixe universos alternativos que se estruturan a través das súas propias regras. Por iso o colectivo Lucet organizou unha xornada de pintura en directo, na casa do Cabido en Compostela, para recoller ese instante no que o artista aprehende a realidade a través dos pinceis.

"É totalmente distinto traballar en estudio por mor da luz. Os cambios das luces obríganche a ter axilidade, traballar dunha maneira máis rápida. Tes que estar moi pendente dos tempos", apunta María José Puente, comisaria da mostra.

A actuación desenvolveuse no marco da exposición "A alma de Compostela: un percorrido en acuarela e fotografía"; unha mostra na que a cidade monumental desarroupase a través dos seus espazos, das súas construcións e dos seus referentes humanos.

"A mostra céntrase nos distintos lugares da cidade, ambientes e personaxes e que non fosen representados habitualmente e que non se viran en obra gráfica", comenta a artista Rosario Puente.

A iconografía compostelá da choiva, dos seus monumentos, dos estudantes e das súas xentes, cobran vida en óleos, acuarelas e fotos a través do bisturí diseccionador do artista. "Hai xente que pregunta que técnicas empregamos e que materiais. Tamén é moi gratificante -refire Melania Gómez, artista- cando louvan o teu traballo". Para a pintora María Dolores Mato, a actividade en vivo, diante da xente "é moi relaxante", asegura.

O reto do colectivo Lucet, que estará en Compostela ata a vindeira fin de semana, pasa por experimentar con este formato noutras cidades galegas, fiscalizalas e integrar ao público nun mundo alternativo onde realidade e creación camiñen xuntos a través da arte.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade