Publicador de contidos

Publicador de contidos

Competencia abre expediente moi grave a Iberdrola Nuclear polo apagamento eléctrico

Competencia abre expediente moi grave a Iberdrola Nuclear polo apagamento eléctrico

Con este expediente elévase a 56 o número de total de procedementos abertos polo apagamento do 28 de abril de 2025

Central nuclear de Cofrentes (Valencia) da que é propietaria ao 100% Iberdrola. Europa Press Central nuclear de Cofrentes (Valencia) da que é propietaria ao 100% Iberdrola. Europa Press
G24.gal 27/04/2026 21:32

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) abriu un expediente "moi grave" a Iberdrola Xeración Nuclear dentro da súa investigación polo apagamento eléctrico do 28 de abril o pasado ano.

Iberdrola, que ten participación en seis das sete centrais nucleares que operan en España, é, ademais, a titular do cento por cento da nuclear de Cofrentes (Valencia), a única da que é dona na súa totalidade.

Esta posible infracción "moi grave" tramítase en base ao artigo 64.37 da Lei do Sector Eléctrico español, polo que estuda o papel da compañía  "nunha redución de produción ou subministración sen autorización" ou polo "incumprimento reiterado de obrigacións de dispoñibilidade" durante aquela xornada.

Este novo expediente, incoado con data de 23 de abril, eleva a 56 o número total de procedementos que estuda o regulador, que abre así o seu segundo expediente "moi grave" ás empresas eléctricas e o seu terceiro das mesmas características, pois tamén incoou un expediente deste tipo a Rede Eléctrica.

A comunicación deste novo expediente prodúcese despois de que o pasado venres se publicase a apertura de 35 expedientes, que complementaban os 20 publicados hai agora dez días.

A CNMC recalca que os feitos obxecto destes procedementos "non implican, por si mesmos, a atribución da orixe ou causa do apagamento ás empresas afectadas", dado que, explica, o incidente respondeu a unha orixe multifactorial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade