Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como evitar que nos estafen cun código QR

Como evitar que nos estafen cun código QR

Os ciberdelincuentes poden usalos para acceder aos nosos datos bancarios

G24.gal 20/03/2023 15:56

Empezan a medrar os delitos cibernéticos que usan como método de engano códigos QR fraudulentos que suplantan a identidade das páxinas de confianza ás que queremos acceder.

"Por exemplo, o restaurante onde estamos intentando consultar a carta. O máis probable é que intentan, baseándose nesa confianza, que lle deamos datos persoais ou accedamos a outro tipo de enlaces que poden ser máis perigosos como pasarelas de pago ou acceder a  datos da conta bancaria", explica Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática de Galicia.

Suplantar un QR ás veces é tan sinxelo como poñer un adhesivo falso enriba do código auténtico por iso é aconsellable que os donos dos establecementos os revisen con frecuencia. Os expertos tamén aconsellan.

 "Nunca imos utilizar unha aplicación que non permita coñecer con anterioridade cal é o destino ao que imos acceder ben se é unha descarga dunha aplicación, se imos acceder a un sistema de pago ou a un enderezo calquera de Internet", di Miguel López, secretario Xeral de Unión de Consumidores de Galicia.

Recomendan ir directamente á web sen usar o código QR

"Incluso, aínda que non sexa o máis cómodo, se coñecemos a páxina, ir directamente á páxina e non empregar o código", di Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática de Galicia.

 "Non deixarnos levar por ningún tipo de reclamo moi sensacionalista do tipo, por exemplo, escanea este código e tes dereito a desfrutar de balde de tal cousa", engade Miguel López, secretario xeral de Unión de Consumidores de Galicia.

O primeiro calote coñecido co método do código QR foi o dun cliente dun restaurante.

"Cando tiña que pagar a conta ensinou un QR e o que fixo foi facer o contrario, conseguir que o restaurante fixera unha transferencia á súa conta. Sempre estamos intentando protexer os consumidores. Neste caso unha persoa facéndose pasar por consumidor conseguiu enganar un restaurante", explica Marcos Mata, presidente do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica Informática de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade