Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia comeza tranquila a campaña contra incendios grazas ás máximas suaves

Galicia comeza tranquila a campaña contra incendios grazas ás máximas suaves

Este ano Galicia contará cunha unidade de elite contra os grandes lumes

O axente forestal Santiago Neira falou da campaña antiincendios no "Bos Días"
G24.gal 15/07/2023 13:24 Última actualización 15/07/2023 14:42

As precipitacións rexistradas e as temperaturas relativamente baixas en Galicia están permitindo un comezo tranquilo da campaña antiincendios, segundo subliñou o axente forestal Santiago Neira no programa Bos Días.

Máis incendios de grandes dimensións

Neira engadiu que a tendencia en Galicia tamén apunta á aparición de lumes cada vez máis virulentos.

"O cambio climático fixo todo isto, dixo Santiago Neira, o abandono do rural tamén fixo que o monte estea totalmente abandonado (...). O monocultivo tamén implica que van perdéndose especies autóctonas, como poden ser o carballo ou o castiñeiro, que paran o lume cando chega a elas para con facilidade, son especies moi favorables para os equipos de extinción; e o feito de que teñamos máis plantacións de piñeiro e eucalipto fai que sexa máis complicado loitar contra eses lumes".

Nova unidade contra os grandes lumes

Este ano o dispositivo de loita contra os incendios forestais, composto por máis de sete mil persoas, contará con tres novas brigadas helitransportadas e cunha unidade ou equipo especializado na loita contra os grandes lumes.

"Esa nova brigada sae con moito corpo e vai directamente aos puntos máis quentes, engadiu Santiago Neira; van directamente ás zonas con moito perigo pola existencia de vivendas ou, no caso de lumes xa moi grandes, polo perigo para vivendas ou persoas".

Hai un número de teléfono, o 900 815 085, anónimo e gratuíto, para denunciar calquera actividade incendiaria nos nosos montes. No caso de que descubra algún incendio forestal pode chamar ao número 085, tamén gratuíto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade