Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia comeza o ano con case 46.000 infeccións de covid e con aumento das hospitalizacións

Galicia comeza o ano con case 46.000 infeccións de covid e con aumento das hospitalizacións

Descenden de xeito lixeiro os contaxios con 5.046 positivos en 24 horas

Notifican o falecemento por covid en Ourense dun home de 55 anos

A área de Vigo supera as 11.000 persoas coa infección e Santiago e A Coruña as 8.000

G24.gal 01/01/2022 10:14 Última actualización 21.00

Galicia inicia o ano 2022 como rematou o anterior e aínda que se ralentiza un pouco o incremento exponencial de positivos diarios como o de infeccións activas, pola contra aumenta a presión hospitalaria nas últimas horas. É algo do que xa advertían os expertos ante a descontrolada transmisión comunitaria da covid, pola variante ómicron e coa delta aínda presente.

Así as cousas, os casos activos en Galicia son xa 45.973 persoas co virus, (+4173) co que a suba é un pouco menor que as 24 horas anteriores.

O dato máis negativo da xornada está na presión asistencial que sobe respecto da xornada previa. Son agora 333 as persoas ingresadas en Galicia por covid, 13 máis que o día anterior. O incremento de enfermos aparece en planta, 283 doentes, (+13) mentres 50 persoas seguen nas UCI, as mesmas que o xoves.

E os positivos diarios diagnosticados nas probas realizadas con datos das 18 horas do venres aínda que seguen por riba dos 5.000, con 5.046 novos contaxios, supoñen unha lixeira caída, (-751) sobre os rexistrados nas 24 horas anteriores.

O Sergas notifica este sábado  o falecemento dunha persoa diagnosticada por coronavirus. Trátase dun home con 55 anos que morría o día 30 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Esta nova vítima pola covid aumenta a 2.766 as persoas mortas desde o comezo da pandemia en Galicia.

Situación por áreas sanitarias 

Vigo segue a ser a que rexistra os peores datos da incidencia da pandemia e supera as 11.000 persoas co virus activo, e ademais diagnosticou case 1.200 novos positivos, (1.195). Santiago segue coa evolución negativa e xa supera os 8.600 casos activos, e A Coruña os 8.200. Vigo é a que conta con mais hospitalizados en planta, (74) e máis enfermos críticos, (14).

Vigo: 11.377 (+974)

A Coruña: 8.206 (+740)

Santiago: 8.642 (+706)

Pontevedra : 6.075 (+494)

Ourense: 4.890 (+467)

Lugo : 4.044 (+488)

Ferrol: 2.739 (+340)

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade