Comeza a sétima edición do WOS, o festival da música e a cultura de vangarda
Comeza a sétima edición do WOS, o festival da música e a cultura de vangarda
29 actuacións musicais con artistas procedentes de máis de 15 países de todo o mundo
Tres estreas mundiais nun programa que se estende en proxeccións de cinema e conversas
A sétima edición pon o foco na escena electrónica e de clubbing galega
Actress, Laurel Halo, Midori Takara, e DJRUM, son as cabezas de cartel do WOS que abre hoxe sétima edición en Santiago de Compostela.
Catro días e nove escenarios acollerán o máis destacado da escena electrónica nun programa con 29 actuacións musicais e artistas procedentes de máis de 15 países dos cinco continentes.
A escena galega terá unha presenza relevante tanto no cartel coma no encontro interxeracional O son electrónico de Galicia, ao que están convidados medio centro de colectivos, picadiscos, promotores e artistas.