Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a vacinación contra a gripe e a covid

Comeza a vacinación contra a gripe e a covid

Os maiores de 80 anos reforzan a inmunidade cunha terceira picada 

Pódense vacinar no mesmo día, cunha inxección en cada brazo

Persoa maior recibe unha vacina
G24.gal 25/10/2021 17:01

Teñen máis de 80 anos e pasaron seis meses dende a segunda dose contra a covid. Hoxe acoden de novo á cita no seu centro de saúde de cabeceira. Convocáronos para poñer a terceira dose.

Ofrécenlles vacinarse ao tempo contra os dous virus. A terceira da covid reforza a súa inmunidade fronte ao contaxio, que nos maiores diminúe lixeiramente transcorridos seis meses. 

Os da covid xa van pola terceira e da vacina da gripe xa coñecen os efectos. No caso de contraela, pásana como un catarro leve.

"Os estudos demostraron que se poden vacinar no mesmo día"

Soraya Meijome, a Coordinadora de enfermería do centro de saúde de Valga, sinala que "ata agora poñíase cunha separación dunha semana a vacina da covid con respecto doutras vacinas pero os estudos demostraron que se poden vacinar no mesmo día, simultaneamente, en lugares anatómicos diferentes. Se non fixamos na pediatría, por exemplo, os cativos levan moitas vacinas no mesmo día. Como moito poden ter unha reacción local, dor ou endurecemento, e pouco máis".

Algúns dos que se vacinaron hoxe lembran a boa experiencia coas primeiras doses, que non lle deron reacción ningunha. Tamén explican que queren estar ao día. 

Así que hoxe puxéronse ao día uns 12.000 galegos e galegas maiores de 80 anos. Durante un mes iranos chamando a todos, 210.000 en total, para ofrecerlles esta dobre inmunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos