Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel reabre o paso de Rafah de maneira limitada

Israel reabre o paso de Rafah de maneira limitada

Este domingo está previsto que saían 150 gazatíes para ser tratados no exterior, pero de momento Israel non reabriu o paso fronteirizo de Rafah, entre a Franxa de Gaza e Exipto

Israel anuncia que Médicos sen Fronteiras deixará de traballar en Gaza o 28 de febreiro

Por que é tan importante a reapertura do paso de Rafah para Gaza que linda con Exipto?

Vista aérea do paso de Rafah en Gaza
G24.gal 01/02/2026 10:20 Última actualización 01/02/2026 11:42

Este domingo está previsto que Isael reabra o paso de Rafah, o cruce fronteirizo entre a Franxa de Gaza e Exipto, segundo o plan do presidente Estado Unidense Donal Trump para poñer fin a guerra. Unha guerra que comezou o 7 de outubro de 2023 despois de que homes armados liderados por Hamas atacaran o sur de Israel.

O Cogat, o brazo militar israelí que xestiona os asuntos civís nos territorios palestinos ocupados, informou de que realiza este domingo unha "fase piloto" de "preparativos preliminares" no paso de Rafah, que conecta Gaza con Exipto, e confirmou que aínda non está operativo para o paso de palestinos. Punto que tamén confirmou o Goberno Exipcio.

Nun comunicado enviado a EFE, o Cogat afirma que dita "fase piloto inicial" realízase "en coordinación coa Misión de Asistencia Fronteiriza da Unión Europea (EUBAM), Exipto e todas as partes interesadas pertinentes".

O organismo israelí asegura que o paso se abriu este domingo para o paso limitado de residentes "de conformidade co acordo de cesamento do fogo e unha directiva da cúpula política", pero, acto seguido, engade que aínda non poden pasar por alí persoas.

150 gazatís á espera de saír polo paso de Rafah para recibir tratamento médico no exterior

O Ministerio de Sanidade de Gaza xa anunciara á primeira hora deste domingo non recibir ningún permiso nin indicación por parte da Organización Mundial de Saúde (OMS), coa que coordina a saída de pacientes do enclave palestino, para a evacuación que había prevista hoxe de 150 palestinos por Rafah ao exterior.

En total, segundo detalla Sanidade, para este domingo estaba prevista a saída de 150 gazatíes (50 pacientes e 100 acompañantes) polo cruzamento de Rafah, pechado desde maio de 2024.

"Por tanto, hoxe non se realizará a viaxe de ningún paciente, contrariamente ao programado", conclúe Sanidade.

Entrada de camións na Franxa de Gaza, este domingo. Imaxe: Reuters Entrada de camións na Franxa de Gaza, este domingo. Imaxe: Reuters

Israel anuncia que médicos sen fronteiras deixará de funcionar en Gaza o 28 de febreiro

Médicos sen Fronteiras (MsF) sairá de Gaza e deixará de funcionar no enclave palestino o 28 de febreiro por non entregar a Israel a listaxe dos seus traballadores, anunciou este domingo o Ministerio da Diáspora e Loita contra o Antisemitismo, que rexistra ás organizacións que traballan nos territorios ocupados palestinos.

"Axuda humanitaria, si. Cegueira en materia de seguridade, non. Lamentablemente, MSF volve demostrar unha falta de transparencia e a actuar motivada por intereses irrelevantes", dixo o ministro da carteira, Amichai Chikli, no comunicado.

O Ministerio acusa á ONG de cambiar "abruptamente" a súa posición respecto a a esixencia de entrega das listas dos seus traballadores na Franxa de Gaza, algo que rexeitan e estas organizacións, que temen pola seguridade dos seus empregados gazatíes.

Médicos sen Fronteiras anunciou o venres que, tras repetidos esforzos, non lograra chegar a un acordo coas autoridades israelís sobre aspectos que consideraba necesarios, como que "calquera información sobre o persoal se utilizase unicamente para os fins administrativos sinaladas e non poñería en perigo ao persoal".

Por iso e "ante tal incerteza", a organización di que decidiu non compartir con Israel a lista do seu persoal palestino e internacional.

 

Franxa de Gaza este domingo. Imaxe: Reuters Franxa de Gaza este domingo. Imaxe: Reuters

Polo menos 579 traballadores humanitarios foron asasinados na Fraxa de Gaza desde o 7 de outubro de 2023

Polo menos 579 traballadores humanitarios foron asasinados na Franxa de Gaza desde que Israel lanzou a súa ofensiva o 7 de outubro de 2023, como represalia polo ataque das milicias do enclave no seu territorio que se cobrou a vida dunhas 1.200 persoas.

Dos falecidos, 380 eran homes e 189 mulleres, segundo o rexistro da Oficina da ONU para a Coordinación de Asuntos Humanitarios (OCHA). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade